miércoles, 17 de febrero de 2010

Declaración de intencións da artista:

Nunha sociedade onde os seres humanos se senten estranxeiros na súas construccións urbanas, onde a vida pública non nos permite asumir a nosa interioridade como subxetividade -neste traballo pretendo darlle outro enfoque ao concepto de construcción- podemos reconstruir espazos externos sen antes autoconstruirnos a nós mesmos?

Todo proceso de cognición que permite unha evolución no ser humano comeza por construir unha estructura. Aquí quero amosar a primeira delas, a que me permite crecer nunha realidade onde o social está dominado por un imperialismo cultural sen espazos evolutivos.

A Miña estructura- a miña casa- o meu refuxio – o meu corpo

Defino esas paredes que delimitan a fronteira entre o que son e o mundo exterior. Todo isto implica a autoconstrucción dun espazo íntimo dentro do noso corpo, dunha exploración máis aló dos límites establecidos para buscar a nosa individualidade.

A alma é unha morada… recordando “as  casas “ e “as habitacións” aprendemos a morar dentro de nós mesmos . Bachelard, 1993


Carolina Fernández (Francia, Galicia 1978) 
Artista multidisciplinar escénica iniciouse en danza contempóranea no 2000 en Santiago de Compostela con Beatriz Fuentes continua recibindo talleres e cursos con diferentes profesionais como Andrés Corchero, Constanza Brincs, Hisako horikawa, Regina Goerger, Carmen Werner, Jordi Cortés, Guillermo Weickert… Estuda tamén danza en Francia no Centro Nacional de Danza Contempóranea/CNDC.2003. Angers. No 2004 Volveu a Santiago para estudar de forma intensiva na escola de teatro contempóraneo “Espazo Aberto” dirixida por Carlos Neira. Presentou a súa primeira obra multidisciplinar “Nin principes nin hostias” na sala Nasa en xaneiro e xuño do 2006. Foi becada polo Consorcio Audiovisual para formarse nun laboratorio de cine experimental en Paris, en Abril 2007. Dende 2008 estuda e investiga en artes gráficas, visuais e deseño para incorporalo no seu traballo artístico escénico.
Presenta varias das súas videocreacións en diferentes festivais nacionais. Gana un premio en artes gráficas: Xóvenes Creadores GZCREA 2007. Estuda Produción, xestión e distribución de espectáculos na Sgae no 2008. Actualmente forma a súa compañia POETICAS URBANAS na Coruña e traballa no seu espectáculo, “Arquitecturas Interiores”. Obtivo durante o ano 2009 unha residencia artística co Centro Coreográfico Galego, e unha subvención do AGADIC para a producción de curtametraxes experimentais para creadores individuais. 
Ademais coordina un espazo en Viveiro e unha asociación cultural Centro Creacións Artísticas, un proxecto artístico-social en construción que pretende ser un espazo multidisciplinar de formación e creación.


No hay comentarios: