miércoles, 17 de febrero de 2010

Textos de Alfonso Pexegueiro

Dúbidas sobre a cidade. Nubes. Tormenta.

Hoxe non me levanto…….

Gozo, Amor…  

Non. Ti goza. Eu miro.


Ela intentará ir cara atrás. Unha cinta mecánica impídello. Xa está instalada no tempo veloz. Esfórzase. Xira. Resiste. A cinta do progreso impídelle regresar. Os espazos diminutos asfíxiana. A multitude derrótaa. A velocidade…  Ela colle o seu colchón, a súa culpa e vaise á rúa. Colle a cruz dos soños e do pracer e vaise á rúa. O Suplicio. A Culpa. Ela…

                                                                 Alfonso Pexegueiro.

Alfonso Pexegueiro (Angoares, Ponteareas) é un dos poetas máis relevantes do panorama literario galego contemporáneo. Fundador en 1975 do Grupo de Comunicación Poéticas Rompente, creou xunto a outros escritores, a Asociación de Escritores en Lingua Galega. En 1978 recibiu o Premio da Crítica.

No hay comentarios: