miércoles, 17 de febrero de 2010


Carolina Fernández, creadora multidisciplinar galega presenta a súa obra escénica “Arquitecturas Interiores”.  É unha exposición en vivo, é dicir, unha obra en movemento onde videocreacións, instalación, arte urbana, reciclaxe artística, moda, poesía, danza e teatro combinánse neste traballo escénico en busca dunha linguaxe propia.




A artista trata de escribir co seu corpo, voz e movemento un discurso íntimo en confrontación coa realidade exterior, como unha gramática escénica articulada arredor da intimidade, que xira en torno a temas como a desestructuración do pensamento da cidade ou a busca dunha nova metodoloxía de habitar os espazos e de estar no mundo.

Inténtase traer ao espazo escénico o noso primer escenario, a rúa, a realidade exterior na que vivimos como espazo de representación. Ese outro escenario e o lugar que nel ocupa o suxeito é o que quere mostrar este proxecto. A realidade do mundo no que vivimos tende a abolir a distinción entre o teatral e o real. O mundo contempóraneo xa é unha inmensa representación. O suxeito busca continuamente o seu lugar nel. O proxecto non deixa de mostrar en escea esa inquietude e invita a unha interrogación sobre o lugar do suxeito nesta sociedade contempóranea. 


Este traballo artístico contou con importantes colaboracións:

Alfonso Pexegueiro: Escritor e poeta galego; escribiu un poema escénico en concordanca cos pensamentos da obra.

Gael Herrera: Montadora profesional; gravou e editou as videocreacións, estudou as súas aplicacións en escea.

Germán Gundín: Director técnico da obra, encargado da producións das videocreacións, iluminación, montaxe técnica.

Xavier Albertí: Músico e recoñecido director de escena catalán, aportou a súa visión externa ao proxecto.













 A primeira parte deste traballo foi seleccionada para o Festival de Arte e Reciclaxe “Drap’ art” de Barcelona durante o mes de decembro do 2008.

 No 2009 obtivo unha residencia artística do Centro Coreográfico Galego. 

 Nese mesmo ano obtivo ademáis outra subvención do AGADIC para a produción de  curtametraxes experimentais e creadores individuais.






















  

No hay comentarios: